Vídeo creado por todo o alumnado do CEIP de Olveira, coa axuda da profe Estrella!! Todos xuntos para reclamar os seus dereitos. Moi bo traballo rapazada, a seguir así!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
Por mor da celebración do Día das Letras Galegas que recoñece este ano a labor das “CANTAREIRAS” no mantemento da nosa lingua e da cultura inmaterial, o CEIP de Olveira convidou a todo o alumnado a que gravaran algún cantar sós ou coa súa familia. Aquí vos deixamos o resultado deste traballo.
Moitos parabéns a todas e todos os participantes!!
Neste curso o alumnado de 4º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira, participou no “Proxecto Di-Versos: Cancións pola diversidade” organizado polos Servizos Sociais do Concello de Ribeira e levado a cabo por “Canción De-Satre”.
Nel reflexionaron sobre o tema da diversidade no seu sentido máis amplo e foron quen de escribir a súa propia canción e de gravala coa axuda de Nando Pérez.
Este curso o alumnado do CEIP de Olveira conmemorou, como de costume, o Día da Paz. Entre outras actividades, gravaron este vídeo coa canción “Varre vasoira” das Fillas de Cassandra!
As semanas pasadas tivemos a visita de Nado Pérez (músico e compositor) que veu a facer co alumnado de 4º de EP un obradoiro sobre creación de cancións, e que se centrou na creación da sintonía de radio para a nosa emisora.
Xa estamos impacientes por escoitar o resultado final!!
Hoxe cambiamos a canción do noso ‘timbre musical’ por mor do Día da Muller. Nesta ocasión soou o tema das Tanxugueiras: “Que non mo neguen”. Aquí volo deixamos por se queredes ecoitalo.
Por tódalas mulleres do Mundo, sen vós nada sería posible!!
QUE NON MO NEGUEN (TANXUGUEIRAS)
Fago todo o que eu quero E o que me sae de dentro Non preciso de ninguén Que eu mesma xa me chego
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Eu e máis vós compañeiras Eu e máis vós camaradas Cantamos e arruamos Facemo-la foliada
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá
O cantar é das solteiras O cantar é das solteiras Tamén che é das casadas Cando son foliaderas
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Vivamos nós as mulleres Berremos todas ben alto Que viva a nosa fala E que viva o noso canto
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá