DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 Marzo) | ENTREVISTA: Esther Regueira ‘Antoxo de Toxo’

Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…

Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.

Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, ADELE – HELLO (piano instrumental cover), en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
OpenClipart-Vectors, Emancipation, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA DA INFANCIA (20 Novembro) | ENTREVISTA: Rubén Lijó ‘Pegasus’

Por mor da celebración do Día Internacional do Neno, os rapaces e rapazas de 5ºEP do CEIP de Olveira fixéronlle unha entrevista a Rubén Lijó, o presidente da ONG Pegasus de Ribeira que, entre outras cousas, fixeron varios viaxes a campos de refuxiados para levarlle alimentos, roupa, xoguetes ou bicicletas. Graciñas polo voso traballo e dedicación.


————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO

Doxent Zsigmond, Forgotten Land, en ccmixter.org, licenza CC BY

IMAXEN
Rubén Lijó, Logo Pegasus, licenza cedida polo autor.

OBRADOIRO: As entrevistas

Entrevista ficticia a Millie Bobby Brown

Traballo realizado por María e Alexia de 6º de EP na asignatura de Lingua Galega.

Entrevista ficticia a Miquel Montoro

Traballo realizado por Manuel e Marco de 6º de EP na asignatura de Lingua Galega.

Entrevista ficticia a Monica Moran

Traballo realizado por Noelia e Ainhoa de 6º de EP na asignatura de Lingua Galega.

Entrevista ficticia a Manolo Tractorini

Traballo realizado por David e Roberto de 6º de EP na asignatura de Lingua Galega.

Entrevista ficticia a Sofía Carson

Traballo realizado por Valeria e Nerea de 6º de EP na asignatura de Lingua Galega.

—————————————————

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Doctor Migraña, R’n’ Roll, por autorización expresa do autor.
IMAXEN
Pexels, Micrófono auriculares, en pixabay.com, licenza Pixabay License