Curso de radio para o alumnado de 4º de Educación Primaria

O alumnado de 4º de Educación Primaria, o pasado 16 de Xaneiro, tivo un curso de Radio Escolar a cargo da xente de Ponte nas Ondas. Foi unha actividade moi entretida na que aprenderon cousas como a forma de falarlle a un micrófono, diferentes exercicios de vocalización, técnicas de comunicación, confección de guións, gravación,…