CERTAME SAMAÍN 2020

Este ano o Certame do Samaín tróuxonos uns relatos de mooooiiiitooooo meeeddoooooo!!!

Houbo de todo: poesía, comics, contos,… Estes son algún dos que máis medo nos deron.

ATENCIÓN: Recoméndase escoitalos a escuras e con volume suficiente nos auriculares.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO

Psykick, Monsters (2nd Mix), en ccmixter.org, licenza CC BY

IMAXEN
Yuri_B, Víspera de todos los santos vector, en pixabay.com, licenza Pixabay License

Historias do Samaín 2019

O alumnado de 6º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira (Ribeira) inventou unhas historias de medo por mor da celebración do Samaín 2019. Despois, elas mesmas puxeron voz a estes contos. Ques escoitalas?? Retámoche a que escoites todo o podcast ata o final e despois comentes cal foi a que máis medo che dou!! Tes valor suficiente??

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
SackJo22, White Out (Shade of the Moon Mix), en ccmixter.org, licenza CC BY
IMAXEN
AdinaVoicu, Ghost”, en pixabay.com, licenza, Pixabay License

FICCIÓN SONORA: O día que apareceu a Cidade de Valverde

O alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de OLVEIRA, coa colaboración dalgúns mestres/mestras e a participación de algúns pais/nais confeccionaron unha pequena obra de ficción sonora, en forma de teatro radiofónico, baseada na ‘Lenda da Cidade de Valverde’.

“Conta a lenda que no fondo da Lagoa de Carregal, lagoa próxima ao centro, hai unha cidade mergullada e, segundo parece, en algunha ocasión apareceron restos arqueolóxicos do que no seu momento puido ser esa cidade.”

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
A Companhía do Ruido, Flauta Punchi, en A Compañía do Ruído (2005), licenza: Con permiso expreso dos autores
IMAXEN
Javier888, Paisaje, en flickr.com, licenza CC0 Public Domain