Como desfrutamos das cancións de Susa sobre os animaliños que hai no parque de Cabárceno!!
Graciñas!!
Como desfrutamos das cancións de Susa sobre os animaliños que hai no parque de Cabárceno!!
Graciñas!!
Co gallo do Día do Libro, o 23 de abril levamos a cabo o “apadriñamento lector”. Trátase dunha actividade moi chula onde a rapazada de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria cóntanlle un contiño ao resto do alumnado no patio do colexio. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da actividade!
Neste curso o alumnado de 4º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira, participou no “Proxecto Di-Versos: Cancións pola diversidade” organizado polos Servizos Sociais do Concello de Ribeira e levado a cabo por “Canción De-Satre”.
Nel reflexionaron sobre o tema da diversidade no seu sentido máis amplo e foron quen de escribir a súa propia canción e de gravala coa axuda de Nando Pérez.
Parabéns, rapazada!!
O entroido pasou por Olveira, e como de costume, revolucionouno todo!! Os científicos/as, inventores/as, inxeñeiras/os,… viñeron ao noso cole a contarnos as súas andanzas a ritmo de comparsas, bailes e disfraces!!
Parabéns!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
EDUCACIÓN INFANTIL
1º CICLO DE PRIMARIA
2º CICLO DE PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado do CEIP de Olveira que está a traballar no programa Meteoescolas, contan como relacionaron o entroido con este apaixoante proxecto.
Aquí vos deixamos varios podcast realizados polo alumnado do CEIP de Olveira durante o curso 24/25 co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro.
Bo traballo, rapazada!!
Leire e Manuel
Juan José, Enzo e Julia
Lois, Victor, Joel e Christian
Xiana, Aldara, Maya e Sara
Sabela, Diego, Carmen, Lucía e Cris
Co gallo da celebración do Día Mundial da Radio, o alumnado do CEIP de Olveira preparou un podcast no que analiza os principais problemas sobre o cambio climático e apunta vario tips para intentar resolvelos.
Bo traballo!

O alumnado do CEIP de Olveira que está a traballar no programa Meteoescolas, contan como son os primeiros pasos con esta nova experiencia no cole.
Este curso o alumnado do CEIP de Olveira conmemorou, como de costume, o Día da Paz. Entre outras actividades, gravaron este vídeo coa canción “Varre vasoira” das Fillas de Cassandra!
Parabéns polo traballo!
Algún do alumnado que pasou polo estudo de radio para crear os seus podcast e programas de radio.
A seguir así neste ano que entra!!


