Ei ti!!! Non te quedes sen a pegata da nosa radio… Supercoleondas. A radio para escoitar cerca do mar!!

Ei ti!!! Non te quedes sen a pegata da nosa radio… Supercoleondas. A radio para escoitar cerca do mar!!
Este ano co gallo do Día da Paz, o alumnado do CEIP de Olveira quixa facerse eco da canción “Terra” das Tanxugueiras, por todos os valores que van implícitos na mesma e por toda a forza e a enerxía que aporta.
Parabéns á profe Estrella (especialista en música) e a tódolos bailaríns e bailarinas que foron quen de traballar duro e manter o nivel de concrentración necesario para acadar un resultado estupendo estupendo.
Nestas datas son moitos os sentimentos que afloran, e máis nestes tempos tan complexos que estamos a vivir. O alumnado de 6º de EP do CEIP de Olveira ten dúas palabras que lle xorden de xeito inmediato na súa cabeza: familia e felicidade.
Cos mellores desexos de cara ao ano que entra, que pasedes unhas moi boas festas!
Supercoleondas. A radio para escoitar cerca do mar.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Kraftamt, Silent Night (Traditional), en ccmixter.org, licenza CC BY NC
MAXEN
congerdesign, Star, en pixabay.com, licenza Pixabay
Neste curso o alumnado de 6º está a desenvolver a súa competencia lingüística oral en galego con varios obradoiros. Desta quenda tocou abordar o tema das intervencións orais. Para levalo a cabo, puxemos como nexo común o tema do cambio climático e cada un desles tiña que preparar unha pequena intervención oral onde espuxeran a súa visión do tema, xustificando as súas afirmacións. Asemade, podía apoiarse nun pequeno quión para non esquecer ningún dos puntos importantes para eles. Aquí tedes o resultado do seu traballo.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Jason Shaw, Green Leaves, en audionautix.com, licenza CC BY
MAXEN
Chris LeBoutillier, Fotografía de fábrica, en pexels.com, licenza Pexels
O alumando de 6ºEP fixo un obradoiro de narración oral. A partir de unha frase dada, tiñan que inventar unha historia e despois, sen axuda de guión, contarlla en voz alta a toda a clase. Este foi o resultado.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Jason Shaw, A montent’s reflection (2:02 Hs), en audionautix.com, licenza CC BY
MAXEN
Nida, Ligero creativo pared fotografia 7810405, en pexels.com, licenza Pexels
O alumando de Educación en Valores de 6º de EP confeccionou unha obra de teatro radiada en contra da ‘explotación infantil’.
Fixeron un traballo de investigación previo, redactaron o guión e interpretárono diante dos micrófonos no noso obradoiro de radio.
Esperamos que vos guste!
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Fireproof_Babies (feat. ramblinglibrarian), Dark Woods, en soundcloud.com, licenza CC BY
IMAXEN
Kat Smith, Niño de pelo negro llorando, en pexels.com, licenza Pexels
Desta volta tocou celebrar o Samaín a golpe de poemas. As poetisas e os poetas mellor preparados de todo Olveira estiveron a traballar duro para acadar estas composicións tan terroríficas.
Xa sabes, apaga a luz, dalle volume e morre de meeeedooo!!
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Siobhan Dakay, Der Mond ist aufgegangen, en ccmixter.org, licenza CC BY
MAXEN
Larisa-K, Víspera de todos los Santos, en pixabay.com, licenza Pixabay
O curso pasado, no Certame das Letra Galegas animamos ao alumnado do cole a facer os seus deseños para facer o noso logo de Supercoleondas… e este foi o deseño máis votado, o do alumnado de 4º EI que agora están en 5º EI.
Parabéns, rapazada polos traballos realizados!!
Este foi un curso ‘moi raro’, aínda así, fomos quen de seguir co noso percorrido radiofónico, sen presas, sen pausas, traballando pouquiño a pouquiño como fan as formiguiñas.
Rematamos o noso obradoiro de radio, quedan catro pinceladas, pero xa está completamente operativo e fomos quen de gravar en ‘falso directo’ sen producións, edicións ou retoques posteriores.
O vindeiro curso, aquí estaremos, esperando esas mentes abertas, eses sorrisos escondidos e esas ganas de… RADIO!!!
Que pasedes un bo verán!!!
O alumnado de 5ºEP redactou unhas pequenas obras teatrais que logo gravaron na nosa radio. Aquí tedes o resultado.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO: TITANIC
airtone, tokyoStreet, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
MAXEN: TITANIC
funnytools, Globos de fiesta amarillos rosas y azules, en pixabay.com, licenza Pixabay
AUDIO DE FONDO: SUCESOS ESTRAÑOS
airtone, disOrder, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
MAXEN: SUCESOS ESTRAÑOS
ersi, Bosque sendero árboles, en pixabay.com, licenza Pixabay
AUDIO DE FONDO: ÁREA 51
gurdonark, Sawmill, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
MAXEN: ÁREA 51
Schäferle, Área 51 extraterrestre advertencia, en pixabay.com, licenza CC 0