O aguacate [1] ou abacateiro[2] é unha árbore (Persea americana) nativa de América Central e México coñecida polos seus froitos comestíbeis graxos (aguacate ou abacate). É unha árbore de gran porte, pasando dos trinta metros de altura; unha árbore adulta pode producir máis dun cento de froitos, dos que se coñecen máis de 500 variedades. Na actualidade ademais da súa zona de orixe cultívase no sur de España, Israel, Suráfrica, Perú, norte de Chile, Vietnam, Indonesia, Australia, Nova Zelandia, Estados Unidos, Filipinas, República Dominicana e Malaisia.
Notas
(1)Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aguacate.
(2)Tamén son correctas as variantes abacate e abacateiro segundo o Dicionario Ir Indo
FONTE: http://wikipedia.org