Descubrindo o insecto pau

Grazas á colaboración dunha familia os nenos e nenas de 1º de Primaria observaron estes días insectos pau de diferentes tamaños.

Viron a súa escasa mobilidade e como se mestura co medio para pasar desapercibido.

Coa súa mestra aprenderon moitas cousas deste animal invertebrado, de aparencia a unha rama, que se alimenta de follas de silvas ou roseiras.

XERMINANDO AGUACATES

O alumnado de 3º EP, dentro da área de Ciencias da Natureza, comezou o experimento de facer xerminar varias sementes de aguacate.

A idea é que, neste proceso, experimenten as tres funcións vitais que tódolos seres vivos facemos: reprodución, nutrición e relación; e sexa un complemento ao traballo realizado na aula.