Os nenos e nenas de 4° de Primaria plantaron un abeto para decoralo, entre todos, con adornos de Nadal.
Esta árbore é da familia das pináceas, propia de lugares frescos, coa casca e a madeira de cor abrancazada, follas en forma de agulla e copa cónica.
Despois das vacacións transplantarase no patio do cole.