Invernadoiro

Este curso os nenos e nenas do cole verán a utilidade dun invernadoiro e como se poden cultivar hortalizas e legumes fóra da estación habitual. 

Como vén sendo habitual dende hai xa algúns cursos, este ano tamén contaremos coa colaboración de Manolo e Johanna, da Asociación agroecolóxica, “Sachos á rúa”. Moitísimas grazas polo voso tempo, cariño e bo facer!

Novos proxectos

Chegou setembro e no CEIP de Olveira iniciamos un novo curso escolar con moita ilusión e proxectos. 

O alumnado de 6ºP estreou o invernadoiro do horto escolar. Limparon as herbas, prepararon a terra e distribuiron as parcelas no seu interior. Tamén falaron coa súa mestra sobre a súa utilidade e os distintos usos da palabra “invernadoiro”.