Aquí vos deixamos un resumo en imaxes de todo o traballo que fixemos en Voz Natura no curso 25/26. Grazas infinitas a todo o alumnado e profesorado por participar nas iniciativas levadas a cabo dende o noso equipo e unha forte aperta para Manolo e Johanna polo seu traballo desinteresado.
Arquivo da categoría: CURSO 25/26
Saída escolar ao parque de San Roque
Estes días os nenos e nenas dos cursos de EI 4°, EI 5° e 1° P desfrutaron dunha saída ao parque periurbano de San Roque. Alí observaron a vexetación do lugar e decatáronse do importante que era coidar a natureza. Aproveitaron para regar e plantar cabazas no horto ecolóxico do parque.



Día Mundial do Medio Ambiente
No cole de Olveira celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha mostra de instrumentos musicais feitos con materias de refugallo. Un excelente traballo do alumnado de 5° P e 6° P.
O noso agradecermento ás familias pola súa colaboración.

A recolleita
Os nenos e nenas de 5º P fixeron unha boa recolleita de patacas no horto escolar. Parabéns!!

Tarefas do horto
O alumnado de 3ºEP segue a taballar no horto con moito ánimo. Mantemento, preparación da terra e plantación. Todos os días son bos para pasar polo noso horto!

Amorodos
Chegou a primavera e os nenos e nenas de 4°P plantaron amorodos no patio do cole. Nunhas semanas comenzarán a agromar.

Día da Árbore en Olveira
Hoxe celebramos o Día da Árbore plantando árbores froiteiras no patio do noso cole. Na imaxe os nenos e nenas de 1° P plantan un limoeiro e unha laranxeira.

Raphanus sativus

O alumnado de 6° P sementa ravos no horto escolar, amais de limpar as herbas e preparar a terra.
Raphanus sativus” é o nome científico do ravo branco ou xaponés, unha planta que se cultiva polas súas raíces comestíbeis. Esta hortaliza é moi rica en vitamina C, fibra e potasio.
Unha raiola de sol
Despois de días enteiros de chuvias e treboadas, o alumnado de 5° de Primaria puido ir coa súa mestra ao horto escolar.
Observaron o crecemento das hortalizas e plantaron patacas. Amais de escoitar con moita atención as explicacións de Manolo, de “Sachos á rúa”.

PATACAS DE CEDO
É o momento ideal para sementar “patacas de cedo”. Johanna e Manolo ensináronlle ao noso alumnado os aspectos a ter en conta para que a produción de patacas sexa exitosa.
Moitas grazas!
