NOGUEIRA

utroja0, “Sen título”, en pixabay.org, licenza Pixabay License

As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans ‘noces de Xúpiter’. As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura. A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.

As dúas especies de máis importancia comercial son Juglans regia ( a nogueira común), pola madeira e as noces, e Juglans nigra (a nogueira negral), pola madeira principalmente. As esixencias das dúas especies son semellantes e ámbalas dúas son de cultivo frecuente en areas de clima temperado.

As nogueiras precisan niveis de luz solar elevados e a produción mellora se están protexidas do vento. A utilización de plantas fixadoras do nitróxeno nos solos das plantacións de nogueira favorece o crecemento da árbore. Cando se cultivan para a produción de noces é preciso escoller plantas que sexan compatibles coa polinización, que adoitan ser máis productivos que as “auto- fértiles”. Hai moitas variedades con diferentes pautas de crecemento, florecemento, sabor e groso de casca. En zonas setentrionais procúranse variedades que florezan máis tarde, para reducir as perdas causadas por xeadas en primavera.

As noces de tódalas especies de nogueiras son comestibles, pero as que se aproveitan comercialmente son, en xeral, as da nogueira común, que son as de tamaño maior e de pel interior máis fina. As noces son ricas en aceite e pódense consumir crúas ou cociñadas. O aceite empregase a miúdo na pintura ó óleo. As noces son unha fonte de ácidos graxos omega-3 e demostráronse eficaces na redución do colesterol. Necesitan conservarse en fresco, xa que en condicións cálidas teñen tendencia a se pór rancias en poucas semanas.

Nalgúns países as noces verdes consérvanse en vinagre coa súa casca. A noz e a casca son usados tamén para producir substancias para tinxir.

FONTE: http://wikipedia.org