BO VERÁN

Neste curso tan peculiar fixemos un montón de actividades para fomentar o coidado do entorno natural dun xeito transversal e dinámico. Nas fotografías os alumnos e alumnas de 3º e 6º de Primaria levan carteis nas mans, elaborados na clase de Inglés, para fomentar o coidado do medio ambiente. Vémonos en setembro. Bo verán a tod@s!!

Estudo e coidado dos narcisos

Os alumnos e alumnas de 5° de Primaria regan e coidan os narcisos plantados no patio.
Os narcisos (Narcissus) son plantas bulbosas da familia das amirilidáceas, da que existen distintas especies con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas, con forma de tubo. A maioría delas son orixinarias da zona Mediterránea aínda que tamén se cultivan noutros lugares como en Asia Central e China.