Durante este curso os alumnos e alumnas do cole de Olveira realizaron actividades diversas, na escola e no entorno natural, relacionadas co respecto e o coidado do medio ambiente. E, por suposto, dun xeito dinámico e transversal buscando a implicación de toda a comunidade educativa. E levando á práctica, na vida cotiá, a necesidade do aforro de enerxía e o consumo sostíbel. E tamén a redución do lixo e a grande importancia da súa reciclaxe, como vimos facendo en cursos anteriores.
Vémonos en setembro con novos proxectos e ilusións!! Feliz verán a tod@s!!
Arquivo da categoría: Sen categorizar
Vermes de seda e bolboretas
O verme de seda é a larva ou a eiruga da avelaíña, ou bolboreta de seda doméstica. É o que produce os casulos de seda. O seu nome científico é “Bombyx mori”. É un insecto moi importante porque considérase o principal produtor de seda natural.O verme de seda aliméntase de follas de moreira branca. Tamén doutras especies de moreira e doutras plantas da mesma familia.
O vídeo e as fotografías foron feitas pola titora de 2ºP cos seus alumnos e alumnas.




OVO, EIRUGA, CRISÁLIDA E BOLBORETA
Grazas á colaboración dunha familia todo o alumnado do cole de Olveira leva días observando o espectacular proceso de A CRISÁLIDA.`

Nova xardineira
Algúns dos alumnos de 6º estiveron a traballar a reo para montar unha nova xardineira no cole. Parabéns polo traballo!!

Menta de gato
Canto medra a menta de gato!! Os nenos e nenas de 2° de Primaria coidan e regan a menta de gato plantada en marzo. Esta planta é natural de Europa e pode usarse con fins medicinais. O seu nome científico é “Nepeta Nataria”.


O Maio
Plantación de dalias, calas, suculentas e gladiolos. Así celebraron o Maio os nenos e nenas de EI 4°.



O tomatiño primeiro
Xa agromou o tomatiño primeiro. Os nenos e nenas de 2° de Primaria regaron as tomateiras e observaron o importante que eran o coidado axeitado e a luz solar para o crecemento das plantas e dos seus froitos.


Reciclar sempre
Os nenos e nenas de 5° de Primaria elaborararon carteis publicitarios coa súa titora para fomentar a reciclaxe e hábitos de vida saudábeis.



Regando os pexegueiros
Xa temos máis arbores froiteiras no patio da nosa escola. Os nenos e nenas de 1° de Primaria plantaron máis pexegueiros coa súa profe.

Alumnado de CEIP de Olveira na “Voz de Galicia”
Varias das alumnas e alumnos do noso centro foron parte das noticia deste mes no xornal por mor da saída que fixemos este mes ao Parque Natural. Aquí vos deixamos o enlace á noticia e fotos da publicación en papel.

