Varias das alumnas e alumnos do noso centro foron parte das noticia deste mes no xornal por mor da saída que fixemos este mes ao Parque Natural. Aquí vos deixamos o enlace á noticia e fotos da publicación en papel.
Arquivo da categoría: Sen categorizar
Saída ao Parque Natural
O pasado xoves, o alumnado de 6º e 4° de Primaria e os seus titores participaron na actividade pedagóxica organizada por Voz Natura no Parque Natural de Corrubedo. Equipados con luvas e bolsas observaron e recolleron plantas invasoras seguindo as indicaciones do técnico do parque. Deste xeito coñeceron, observaron e coidaron o noso entorno natural, xunto a nenos e nenas doutros coles, dun xeito práctico.
SUNFLOWERS
O alumnado de 3º de Primaria planta, rega e coida sementes de xirasoles na área de Art and Crafts. A actividade partiu dun conto traballado e coloreado coa auxiliar de conversa. Os nenos e nenas falaron en inglés do que é necesario para plantar sementes e do importante que é coidar a natureza.
Pexegueiros
Os nenos e nenas de 2º de Primaria plantaron coa súa titora pexegueiros no horto escolar. Os pexegueiros son árbores froiteiras nativas de China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é suculento e comestíbel.
HORTO ESCOLAR
Os nenos e nenas de 1º de Primaria preparan a terra para plantar no horto escolar.
Xa temos composteiro
Recibimos este curso un composteiro dende SOGAMA, e aquí está, listo para comezar a funcionar!!
O Día da Terra é todos os días
Os nenos e nenas de 3° e 4° de Primaria falaron en inglés coa auxiliar de conversa e coa súa profe das cousas que podemos facer cada día para coidar o noso planeta. Despois en Art and Crafts plasmaron nun mural todos as propostas.
Reutilizando materiais para divertirnos
Outro dos deportes que practicamos todos os anos no noso centro: o Ringo-Red, dándolle nova vida a material vello.
Fabricación dun Ringo
Plantación dun metrosidero
O alumnado de 6º de EP plantou esta mañá un metrosidero no patio do colexio. Esperamos que medre tanto coma eles.