XACINTOS

Mammiya, “Sen título” en Pixabay.com, Licenza Pixabay License

Os xacintos son plantas pertencentes ao xénero Hyacinthus. Son plantas perenne e bulbosas pertencentes á subfamilia das escilóideas dentro das asparagáceas. Son orixinarios da rexión mediterránea e da África meridional. O seu nome provén de Xacinto, amante do deus Apolo segundo a mitoloxía grega.

O xacinto común, normalmente cultivado en Galiza (Hyacinthus orientalis) foi tan popular durante o século XVIII que se cultivaron máis de 2.000 tipos nos Países Baixos, o principal produtor hoxe en día.

O xacintos producen unha única e mesta espiga de recendentes flores en tons avermellados, azuis, brancos ou amarelos. Unha variedade de florista máis delicada e miúda do xacinto común é o xacinto romano (var. albulus) de pétalos azuis ou brancos.

Na actualidade, recoñécense soamente tres especies no género Hyacinthus, aínda que algunhas autoridades colocan H. litwonowii e H. transcaspicus no xénero emparentado Hyacinthella, deixando o Hyacinthus coma monotipo.

FONTE: http://wikipedia.org