Os froitos da tomateira

A tomateira é orixinaria de América Central e do Sur. Chegou a Europa hai máis de catrocentos anos. Esta planta herbácea e perenne cultívase para o consumo alimentario do seu froito: o tomate. Non é moi esixente no seu cultivo aínda que a luz solar é moi importante para o seu crecemento.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria plantan, coidan e observan o crecemento das tomateiras.

Bellis perennis

“Bellis perennis” é o nome científico da margarida común ou europea. É unha planta herbácea orixinaria do Norte de África e de Asia Central que na actualidade está estendida por todo o mundo.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria observan, estudan e coidan as margaridas plantadas no patio do cole. Tamén están preparando o terreo para plantar máis margaridas e outras plantas nos vindeiros días.

Perexil

O perexil é unha planta herbácea, coas follas moi divididas, de cor verde escura e flores amareladas en umbela. Distribúese por todo o mundo e emprégase como condimento en moitas comidas.
O seu nome científico é “petroselinum crispum”.Nesta imaxe algunhas nenas de 1º de Primaria amosan como medra o perexil que sementaron coa súa titora na aula.