FRESIA

manfredrichter, “Sen nome”, en pixabay.com, Licenza Pixabay License

Freesia é un xénero de plantas bulbosas da familia Iridaceae. Comprende aproximadamente 15 especies nativas de África (12 delas nativas da provincia do Cabo, Sudáfrica), todas elas con cormos de 1 a 2,5 cm de diámetro. Tipicamente estas especies vexetan durante o inverno, florecen ea primavera e permanecen en repouso durante a estación cálida.

Son plantas herbáceas, de follas ensiformes, aplanadas e flores vistosas, fragrantes, dispostas en espigas unilaterais. As flores son hermafroditas e lixeiramente irregulares. O perigonio está composto de 6 tépalos subiguais entre si, unidos, co tubo perigonal algo curvado e os lóbulos ovados, obtusos. Los estames son libres. O ovario é ínfero, trilocular, o estilo é filiforme, dividido en tres ramas bífidas. O froito é unha cápsula dehiscente por tres valvas. Coñéceselle nalgúns sitos como a flor de San Xosé ou ‘pan con manteiga’.

A popular “fresia” dos xardíns e de flor cortada é Freesia × hybrida, un híbrido complexo baseado en hibridacións interespecíficas entre Freesia refracta, Freesia leictlinii, Freesia corymbosa e outras especies do xénero, da cal se obtiveron centenas de cultivares comerciais. Os cultivares modernos son tetraploides e exhiben flores simples o dobres, de cores brillantes (beanco puro, amarelo, rosa, alaranxado, vermello e azul), a pesar que o arrecendo en eles é menos intenso que nas especies orixinais.

FONTE: http://wikipedia.org