A TERRORÍFICA FESTA DO SAMAÍN NO COLE!

O Samaín chegou ao cole e non deixou monicreque con cabeza. Menos mal que os nenos e nenas do CEIP de Olveira demostraron ser os máis valente de todos!!!!
A festa comezou cun baile de medo ao ritmo xenial “No Samaín” de Paco Nogueiras. Houbo saltos, risas e moito maxín para espantar os malos espíritos. As nosas bruxas e pantasmas movéronse coma profesionais!
E claro, unha festa do Samaín non é nada sen os seus PREMIOS TERRORÍFICOS:
Primeiro, fixemos a entrega de premios dos cadros máis arrepiantes do colexio. Temos uns artistas que dan meeeeedo! Deixo por aquí un vídeo cos diferentes cadros:

Seguidamente, pasamos ao gran concurso de cabazas. Despois dunha deliberación mooooi sanguenta, as cabazas gañadoras foron:

  • A máis terrorífica, para a que non deixaba durmir!!!

  • A máis simpática, tan riseira que daba envexa!
  • A máis elaborada, unha obra de arte de auténtico susto!
  • A máis tradicional, a esencia do Samaín na súa forma máis pura!

Ademais, os nenos e nenas de 5º de EP contaron contos de medo inventados por eles/as mesmos/as aos máis peques do cole!!!!!! Deixo por aquí unhas fotiños:

Foi un día espectacular, cheo de ledicia, creatividade e moitas ganas de celebrar as nosas tradicións.

FELIZ SAMAÍN A TODOS E TODAS! Que teñades uns doces soños!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *