A TERRORÍFICA FESTA DO SAMAÍN NO COLE!

O Samaín chegou ao cole e non deixou monicreque con cabeza. Menos mal que os nenos e nenas do CEIP de Olveira demostraron ser os máis valente de todos!!!!
A festa comezou cun baile de medo ao ritmo xenial “No Samaín” de Paco Nogueiras. Houbo saltos, risas e moito maxín para espantar os malos espíritos. As nosas bruxas e pantasmas movéronse coma profesionais!
E claro, unha festa do Samaín non é nada sen os seus PREMIOS TERRORÍFICOS:
Primeiro, fixemos a entrega de premios dos cadros máis arrepiantes do colexio. Temos uns artistas que dan meeeeedo! Deixo por aquí un vídeo cos diferentes cadros:

Seguidamente, pasamos ao gran concurso de cabazas. Despois dunha deliberación mooooi sanguenta, as cabazas gañadoras foron:

  • A máis terrorífica, para a que non deixaba durmir!!!

  • A máis simpática, tan riseira que daba envexa!
  • A máis elaborada, unha obra de arte de auténtico susto!
  • A máis tradicional, a esencia do Samaín na súa forma máis pura!

Foi un día espectacular, cheo de ledicia, creatividade e moitas ganas de celebrar as nosas tradicións.

FELIZ SAMAÍN A TODOS E TODAS! Que teñades uns doces soños!!

CHEGA O SAMAÍN!

Ola a todas e todos!
Xa chegou de novo esa época do ano na que o misterio e a creatividade toman o protagonismo no noso centro. O Samaín está ben vivo entre nós, e durante estas semanas estaremos creando, pintando e decorando con moita ilusión. Temos xa unha chea de propostas fantasmagóricas, e pronto descubriremos…cales serán os cadros máis terroríficos que lograrán arrepiar ata ao máis valente? E as cabazas, que marabilla estades a preparar…! Seguimos gozando das vosas fantásticas creacións e, por suposto, agardamos as vosas novas aportacións.

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, o pasado sábado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas, adicado ás cantareiras. Para a súa celebración, o alumnado do CEIP de Olveira deleitounos coa interpretación de diversas cancións populares ao ritmo de diferentes instrumentos. Aquí vos deixo algunhas das fotos que se fixeron durante a actuación.

Para ver as actuacións completas, podedes acceder ao Blog da Biblio do CEIP de Olveira.

Asemade, a totalidade de fotos dese día están na Galería da web do CEIP de Olveira.

Por último, no Blog da Radio Supercoleondas están publicadas as propostas realizadas polo alumnado para o Certame das Letras Galegas 2025, onde os peques amosaron a súa arte xunto cos seus seres queridos. Todos os nenos e nenas que participaron recibiron un pequeno agasallo. Parabéns, artistas!