Hoxe, 20 de novembro, é o día Mundial da Infancia, e que mellor maneira de conmemoralo que rindo, cantando e desfrutando coa gran actuación de Migallas!! Todo o cole puido disfrutar desta marabillosa actuación✨
Arquivos do autor: nereasilven
Celebramos o magosto!
Boas a todas e a todos!! O pasado luns celebramos no cole O MAGOSTO!!! E tras comer as deliciosas castañas, os nenos e nenas pasaron o tempo xogando a unha morea de xogos tradicionais. Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!
Moito medo e moitos premios!!
Hoxe foi unha mañá chea de sorpresas: contacontos, premios e un baile terrorífico! Aqui vos deixo algunhas imaxes do día de hoxe. Moitas grazas aos papás e mamás que se achegaron ata o cole para contar contos aos peques!! Espero que disfrutarades e aproveitade estos días para recargar enerxías. Boa finde!
Retomamos a bitácora!
Boas a todos e a todas! Estamos de volta neste ano cheo de celebracións. A primeira deste curso é precisamente o Samaín, que xa leva unhas semaniñas rondando polo centro. Estas son algunhas das actividades que realizamos ata o de agora, e próximamente coñeceremos os gañadores das mesmas…cales serán os monstros máis tenebrosos? E as cabazas? Seguimos desfrutando das vosas creacións!