O Samaín chegou ao cole e non deixou monicreque con cabeza. Menos mal que os nenos e nenas do CEIP de Olveira demostraron ser os máis valente de todos!!!!
A festa comezou cun baile de medo ao ritmo xenial “No Samaín” de Paco Nogueiras. Houbo saltos, risas e moito maxín para espantar os malos espíritos. As nosas bruxas e pantasmas movéronse coma profesionais!
E claro, unha festa do Samaín non é nada sen os seus PREMIOS TERRORÍFICOS:
Primeiro, fixemos a entrega de premios dos cadros máis arrepiantes do colexio. Temos uns artistas que dan meeeeedo! Deixo por aquí un vídeo cos diferentes cadros:
Seguidamente, pasamos ao gran concurso de cabazas. Despois dunha deliberación mooooi sanguenta, as cabazas gañadoras foron:
- A máis terrorífica, para a que non deixaba durmir!!!

- A máis simpática, tan riseira que daba envexa!

- A máis elaborada, unha obra de arte de auténtico susto!

- A máis tradicional, a esencia do Samaín na súa forma máis pura!

Foi un día espectacular, cheo de ledicia, creatividade e moitas ganas de celebrar as nosas tradicións.
FELIZ SAMAÍN A TODOS E TODAS! Que teñades uns doces soños!!

















