Plantar árbores axuda a combater o cambio climático. Estímase que unha árbore pode absorber case 5 quilos de CO2 ao ano. E liberar 120 quilos de osíxeno.
Os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria plantaron pereiras e maceiras no patio do cole, árbores froiteiras da familia das rosáceas.
O Día da Árbore é todos os días.


