
CHEGA O ENTROIDO!!


Neste mes de novembro celebramos unha xornada de Xogos Tradicionais por mor do ‘Magosto’. Os alumnos e alumnas de 6ºEP fixeron de monitores, dirixindo, ensinando e organizando os xogos para o resto dos compañeiros/as do cole.
Foi unha mañá estupenda, onde tanto alumnado como profesorado puidemos vivir unha xornada fantástica.
Grazas a todos/as!
Como cada curso, escoller só catro cabazas de tódalas participantes non é tarefa doada. Este anos os premiados/as son…
ELABORADA

TRADICIONAL

SIMPÁTICA

TERRORÍFICA

Neste primeiro vídeo podedes ver todas as ‘Portadas de Medo’ presentadas ao Certame do Samaín’22.
E agora é a quenda para o Concurso de Cabazas!!
Moitas grazas polo voso entusiasmo e participación, para o ano que ven, máis!!
Como cada curso, este ano tamén facemos o noso ‘Certame do Samaín’ e o ‘Concurso de Cabazas’. Non teñas medo a participar!!


O maio pasou polo noso cole cun traballo fantástico do alumnado e profesorado do centro… este é un resumo do que se viviu ese día.
E así quedou o mural con todos os slogans do alumnado do centro do certame das Letras Galegas deste ano. Parabéns polo traballo realizado!!

Estamos xa a rematar o mural conmemorativo do Día das Letras Galegas deste ano, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración de alumnado de 6º EP.



Como estamos a piques de chegar ao 17 de maio (Día das Letras Galegas), queremos compartir con vós este poema musicado do autor homenaxeado.
Deixamos aquí a versión completa e máis a versión Karaoke coa letra por se vos animades a cantala.
CANCIÓN
VERSIÓN KARAOKE


Este curso volvemos a retomar a tradición do Maio. Todo o alumnado está a colaborar na súa elaboración. e mañá mércores faremos unha celebración por todo o alto.
Aquí vos deixo as cancións que cantamos, cada ano, nesta FESTA DO MAIO!!