CONCURSO DE CABAZAS

Bo día!!

Como cada ano por estas datas, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e tratando de fomentar as vellas tradicións, poñemos en marcha o Concurso de Cabazas’23.

O alumnado que queira participar deberá confeccionar unha cabaza na casa coa axuda dos seus familiares e traela ao cole. Hai catro categorías para participar: terrorífica, simpática, tradicional e elaborada. DATAS: 30 e 31 de outubro.

Saúdos!

RECOLLIDA DE LENDAS

Moi boas!!

Xa entramos no outono, as noites son máis longas e os días máis curtos. Vento, chove e o frío aínda se resiste a chegar… pero chegará… Todo apunta a que o Samaín estase achegando!!

Unha das actividades que propoñemos este ano é unha RECOLLIDA DE LENDAS. O alumnado que queira participar deberá investigar pola súa contorna a ver quen sabe a mellor lenda, copiala, e traela ao cole. A temática, en principio, é libre.. pero dadas as datas nas que estamos molaba que foran historias de meeedooo!!

As familias de Ed. Infantil que queiran participar poden facelo tamén gravándoa e enviando o arquivo de son a: supercoleondas@gmail.com.

DATA LÍMITE: 27 de outubro.

    COMEZAMOS UN NOVO CURSO

    Todo un novo curso por diante para poder falar, cantar, recitar, conversar, compartir experiencias, e gozar do Galego e co Galego!

    E que mellor forma de arrancar esta nova etapa que cunha exposición que estará localizada na praza do Concello de Ribeira con nome “Orgullo da nosa lingua” e durará dende o 18 ata o 24 deste mese que poderá ser vista de xeito libre ou con visitas guiadas!!

    Aquí vos deixamos o cartel con toda a info!