Pois aquí tedes as cabazas presentadas ao concuso deste ano no CEIP de Olveira. Non me digades que non son unha chulada!! Parabéns a todos os participantes!!
Arquivo da categoría: CURSO 21-22
CERTAME SAMAÍN 2021
O certame deste ano
estivo moi igualado.
Decenas de poemas
de sustos, e de penas.
As cabezas dos cativos
fervedoiro de miolos
para darnos medo a todos.
Non foi doada a elección
mais como ocorre acotío,
nesta, e noutras ocasións,
un xurado indomable
fixo de xuíz implacable
nomeando as composicións
que vos deran calofríos.
CONCURSO DE CABAZAS’21

Este ano, o Samaín vai dar moito meeeedoooo!!! Fai a túa cabaza, envíanos unha foto e participa no concurso máis terrorífico do ano!!!
CERTAME LITERARIO SAMAÍN’21

Anímate a participar no primeiro certame deste curso!! Os mellores poemas de cada curso serán gravados no noso obradoiro de Radio: Supercoleondas!
BENVIDAS/OS!!

Moi boas!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP de Olveira, queremos darvos a benvida á nosa bitácora.
Este curso decidimos facernos o noso espazo na rede para poder compartir con toda a comunidade educativa aquelas novas de interese relacionadas coa nosa lingua e co noso centro.
Asemade, tedes á vosa disposición unha dirección de correo electrónico para poder comunicarvos con nós:
linguaolveira@gmail.com