25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, a comunidade educativa do CEIP de Olveira únese para reivindicar un mundo libre de violencia de xénero. No colexio traballamos a favor do respecto, da igualdade e da convivencia pacífica, lembrando que cada pequeno xesto conta para construir unha sociedade máis xusta.
Que este día nos axude a reflexionar, a educar e a actuar, sempre desde o compromiso co benestar e a dignididade de todas as persoas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Un día perfecto para lembrar o marabilloso que é perderse entre libros, descubrir historias novas e deixar voar a imaxinación.

Para conmemorar esta data tan especial, todos os rapaces e rapazas do colexio crearon un marcapáxinas moi artístico, inspirado no PDI deste ano: a arte. Houbo cores, formas e moooita creatividade.

A biblioteca encheuse de sorrisos, ideas e moita ilusión. Agora cada lector e lectora do cole poderá acompañar as súas lecturas cun marcapáxinas único e feito con todo o cariño.

Porque unha biblioteca non é só un lugar con libros: é un espazo de descubertas, soños e aprendizaxes compartidas.

📚❤️ Feliz Día das Bibliotecas!

O noso magosto pasado por auga!

Onte tocaba celebrar o magosto, e xa sabedes o que iso significa: castañas, risas e moooita festa! Pero este ano o tempo en Galicia puxo o seu gran de area (ou mellor dito… de auga!!!). Choveu tanto e facía tanto vento que tivemos que facer o magosto dentro do colexio.

Aínda así, non quedamos sen comer mooooitas castañas! Porque xa o sabemos ben: en Galicia, chova ou vente, o magosto celébrase igual!

Deixo por aquí un video do magosto. Ata outra!!

O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ!

Chega o Magosto!!!!!! O vindeiro martes día 11 de novembro ás 11:45 horas, as castañas invadirán o CEIP de Olveira e prometerán facer do noso día unha festa chea de sabor, música e moooitos xogos divertidos!

Haberá castañas quentiñas para todos/as, acompañadas de música que nos farán bailar e moitos xogos tradicionais para que ninguén se quede sen participar.

Así que, prepara o teu maior sorriso e ven a gozar dun día inesquecible coas mellores castañas!!!!

Vémonos o 11 de novembro no cole! 🙂

A TERRORÍFICA FESTA DO SAMAÍN NO COLE!

O Samaín chegou ao cole e non deixou monicreque con cabeza. Menos mal que os nenos e nenas do CEIP de Olveira demostraron ser os máis valente de todos!!!!
A festa comezou cun baile de medo ao ritmo xenial “No Samaín” de Paco Nogueiras. Houbo saltos, risas e moito maxín para espantar os malos espíritos. As nosas bruxas e pantasmas movéronse coma profesionais!
E claro, unha festa do Samaín non é nada sen os seus PREMIOS TERRORÍFICOS:
Primeiro, fixemos a entrega de premios dos cadros máis arrepiantes do colexio. Temos uns artistas que dan meeeeedo! Deixo por aquí un vídeo cos diferentes cadros:

Seguidamente, pasamos ao gran concurso de cabazas. Despois dunha deliberación mooooi sanguenta, as cabazas gañadoras foron:

  • A máis terrorífica, para a que non deixaba durmir!!!

  • A máis simpática, tan riseira que daba envexa!
  • A máis elaborada, unha obra de arte de auténtico susto!
  • A máis tradicional, a esencia do Samaín na súa forma máis pura!

Ademais, os nenos e nenas de 5º de EP contaron contos de medo inventados por eles/as mesmos/as aos máis peques do cole!!!!!! Deixo por aquí unhas fotiños:

Foi un día espectacular, cheo de ledicia, creatividade e moitas ganas de celebrar as nosas tradicións.

FELIZ SAMAÍN A TODOS E TODAS! Que teñades uns doces soños!!

CHEGA O SAMAÍN!

Ola a todas e todos!
Xa chegou de novo esa época do ano na que o misterio e a creatividade toman o protagonismo no noso centro. O Samaín está ben vivo entre nós, e durante estas semanas estaremos creando, pintando e decorando con moita ilusión. Temos xa unha chea de propostas fantasmagóricas, e pronto descubriremos…cales serán os cadros máis terroríficos que lograrán arrepiar ata ao máis valente? E as cabazas, que marabilla estades a preparar…! Seguimos gozando das vosas fantásticas creacións e, por suposto, agardamos as vosas novas aportacións.

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, o pasado sábado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas, adicado ás cantareiras. Para a súa celebración, o alumnado do CEIP de Olveira deleitounos coa interpretación de diversas cancións populares ao ritmo de diferentes instrumentos. Aquí vos deixo algunhas das fotos que se fixeron durante a actuación.

Para ver as actuacións completas, podedes acceder ao Blog da Biblio do CEIP de Olveira.

Asemade, a totalidade de fotos dese día están na Galería da web do CEIP de Olveira.

Por último, no Blog da Radio Supercoleondas están publicadas as propostas realizadas polo alumnado para o Certame das Letras Galegas 2025, onde os peques amosaron a súa arte xunto cos seus seres queridos. Todos os nenos e nenas que participaron recibiron un pequeno agasallo. Parabéns, artistas!

Homenaxe a Rosalía de Castro

Aquí podedes escoitar ao alumnado do CEIP de Olveira en Supercoleondas, homenaxeando á autora, contándonos sobre ela e recitando algún dos seus poemas.

Leire e Manuel, de 3º EP, recítannos “Cando a luniña aparece”:

Juan José, Julia e Enzo, de 4º EP, realizan unha entrevista para dar a coñecer á autora:

Victor, Christian, Joel e Lois, de 4º EP, recitan “Adiós ríos, adiós fontes”:

Xiana, Maya, Aldara e Sara de 5º EP, recitan “Negra Sombra”:

E finalmente, Sabela, Diego, Carmen, Lucía e Cris, de 5º EP, recitan “Nasín cando as prantas nasen”:

Noraboa polo traballo, rapazada, grazas por participar!