DÍA DE ROSALÍA

O domingo 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, quen a través da súa poesía e prosa, deu voz ao pobo galego, denunciando inxustizas e reivindicando a identidade e a lingua de Galicia. Hoxe, no CEIP de Olveira, alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria acudiu á radio do cole Supercoleondas para contarnos algunhas cousiñas sobre Rosalía e máis para ler algún dos seus poemas máis coñecidos. Moi pronto poderedes escoitalos!

Retomamos a bitácora!

Boas a todos e a todas! Estamos de volta neste ano cheo de celebracións. A primeira deste curso é precisamente o Samaín, que xa leva unhas semaniñas rondando polo centro. Estas son algunhas das actividades que realizamos ata o de agora, e próximamente coñeceremos os gañadores das mesmas…cales serán os monstros máis tenebrosos? E as cabazas? Seguimos desfrutando das vosas creacións!

17 MAIO | DÍA DAS LETRAS GALEGAS | Luísa Villalta

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas adicado este ano a Luísa Villalta, o alumnado de 3º de Ed. Primaria fixo un proxecto no que, entre outras cousas, debía buscar información sobre a autora, redactar unha escaleta e gravar o podcast. Asemade, co audio gravado montamos este vídeo que agora vos presentamos.

Bo traballo, rapazada!!

—————————

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO

⁠⁠⁠⁠Stefan Kartenberg⁠⁠⁠⁠, Winter garden, en ⁠⁠CCMixter.org⁠⁠,⁠⁠ Licenza CC BY-NC