BO NADAL

A semente de noces na aula de 1º de Primaria foi un éxito!!! Os nenos e nenas desta clase observaron e participaron entusiasmados, en todo o proceso de plantación e crecemento das nogueiras, coa súa mestra. Nestes días levaron algunhas para as súas casas. Nas vacacións de Nadal poden transplantalas coas súas familias nun terreo axeitado para elas. Boas festas e Feliz 2023 !!

Cyclamen

O “Cyclamen” é unha planta característica do norte de África e da zona mediterránea. Os nenos e nenas de 4º de Primaria pintaron as súas flores en “Arts and Crafts”. Despois transplantaron a planta nunha maceta grande e falaron en inglés, coa súa profe, de todo o proceso de plantación.