Nas novidades da biblioteca do noso cole, o alumnado e as familias poden atopar libros moi interesantes para coidar e protexer o noso entorno natural.



Nas novidades da biblioteca do noso cole, o alumnado e as familias poden atopar libros moi interesantes para coidar e protexer o noso entorno natural.



Os nenos e nenas de 6º de Primaria sementaron árbores froiteiras a última semana de marzo no patio do cole.



O Día da Árbore é tódolos días. As nenas e os nenos de tres anos plantan hortensias no patio do cole.

Nenos e nenas de 5° de Primaria, co seu profe, fan furados na terra do patio para plantar árbores froiteiras.


No patio do noso cole coidamos as árbores que plantamos os cursos anteriores: piñeiros autóctonos e froiteiras, como a figueira e a cerdeira. Axiña plantaremos maceiras, pereiras e olivos.





Os nenos e nenas de 2° de Primaria observan, estudan e falan coa súa mestra das plantas e das diferentes tipos de árbores. Velaquí os seus traballos que amosan todo o que aprenderon. E nos lembran a importancia do coidado e da protección dos nosos bosques neste 21 de marzo, Día da Árbore.





As plantas das fresas necesitan estar nunha zona soleada. Teñen raíces pouco fondas e necesitan auga con frecuencia. É recomendábel regalas case todos os días. Por suposto debemos ter en conta a auga da choiva.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil plantan e coidan as plantas das fresas no patio do cole.


Xa chega a primavera. Os narcisos, que plantaron os nenos nenas do cole de Olveira o curso anterior, reviven cheos de forza e de cor.

Os nenos e nenas de 1° de Primaria están emocionados coa plantación de amorodos. Coa súa mestra realizaron diferentes actividades na área de Ciencias Naturais. Prepararon a terra , plantaron e regaron. Agora toca coidalas.



Pouco a pouco os grelos do horto escolar van medrando.
