Consumo sostible

O consumo sostible é posible e necesario.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está elaborando instrumentos musicais con materiais de refugallo. Desta maneira poden ver, de primeira man, que se poden reciclar e volver a usar moitas cousas que van ao lixo. 

Nesta imaxe podemos ver guitarras que soarán de marabilla.

Seguimos plantando

Plantar árbores axuda a combater o cambio climático. Estímase que unha árbore pode absorber case 5 quilos de CO2 ao ano. E liberar 120 quilos de osíxeno.

Os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria plantaron pereiras e maceiras no patio do cole, árbores froiteiras da familia das rosáceas.

O Día da Árbore é todos os días.