Saltar ao contido principal
Saltar ao contido secundario

Voz Natura no CEIP de Olveira

Voz Natura no CEIP de Olveira

Menú principal

  • INICIO
  • CURSO 19/20
  • 20/21
  • 21/22
  • 22/23
  • 23/24
  • 24/25
  • 25/26

Arquivo da categoría: CURSO 23/24

Navegación de artigos

← Entradas máis antigas

BO VERÁN!!

Publicado o 28 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa polo traballo realizado durante este curso. Agora toca descansar e coller forzas para o próximo.

Que pasedes un bo verán!

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

O noso entorno natural en inglés

Publicado o 21 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

Sobre os coidados do horto escolar e do noso entorno natural falaron en inglés os nenos e nenas de 5 ° e 6° de Primaria coa auxiliar de conversa do noso cole.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

O insecto pau

Publicado o 20 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 1° de Primaria coida e observa como se alimenta o insecto pau e o seu crecemento.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

As nosas árbores froiteiras medran e medran

Publicado o 14 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

Axiña teremos peras e mazás.

Ás árbores froiteiras que plantaron os nenos e nenas do cole, cos seus mestres e mestras o curso anterior, seguen medrando

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Seguen os traballos no horto

Publicado o 10 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

Recolleita das patacas de cedo, plantación de leitugas, pementos e cabaza. Esta rapazada non para!

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Día Mundial do Medio Ambiente

Publicado o 5 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder

Quedaron ben xeitosos os instrumentos musicais, feitos con materiais de refugallo,  polo alumnado de 6° de Primaria e as súas familias. Estes mes estarán expostos no cole.

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. 

A nosa terra. O noso futuro.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE

Publicado o 5 Xuño, 2024 por educacionfisica
Responder
Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Árbores da nosa terra

Publicado o 31 Maio, 2024 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 4° de Primaria fixo un mural sobre as árbores da nosa terra,  despois de procurar información sobre cada unha delas.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Amorodos

Publicado o 23 Maio, 2024 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 2° de Primaria saborea e aliméntase cos froitos deliciosos das amorodeiras que plantaron e coidaron durante o curso.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Hortalizas e legumes no noso hortiño

Publicado o 16 Maio, 2024 por educacionfisica
Responder

O alumnado do cole de Olveira leva meses plantando hortalizas e legumes, observando e coidando o horto escolar. Nel agroman leitugas, pementos, cenorias, fabas, acelgas, repolos, cebolas e patacas.

Publicado en CURSO 23/24 | Deixa unha resposta

Navegación de artigos

← Entradas máis antigas

Artigos recentes

  • Recollendo cenorias e prantanto allos
  • Sementar sementarei!
  • Máis variedades de col
  • Unha barbantesa moi cuquiña!
  • Reciclaxe e Samaín

QUE PLANTAMOS?

  • CARBALLO
  • CASTIÑEIRO
  • PIÑEIROS
  • LIMOEIRO
  • IRIS (LIRIO)
  • NOGUEIRA
  • AGUACATE
  • FRESIA
  • XACINTOS

Comentarios recentes

    Meta

    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org
    Fornecido con orgullo por WordPress