O alumnado de 3° e 4° de Primaria descubriu, de primeira man, os nomes das árbores dos nosos bosques observando as súas follas. Para iso contaron coa axuda do libro “Os nosos montes” e da súa autora, Blanca Millán.

O alumnado de 3° e 4° de Primaria descubriu, de primeira man, os nomes das árbores dos nosos bosques observando as súas follas. Para iso contaron coa axuda do libro “Os nosos montes” e da súa autora, Blanca Millán.
As nenas e os nenos de 2° de Primaria regaron o horto escolar a semana pasada e observaron canto medraban as hortalizas que plantaron.
Cada venres un grupo de alumnos e alumnas do CEIP de Olveira baixa ao horto a traballar acompañados de Manolo e Johanna que, ademais de dirixir as tarefas a facer, explícanlle aos rapaces o por que das cousas que fan.
O alumnado de 4° de Primaria realizou un traballo de investigación elaborando varios libros mural sobre a importancia do consumo responsable, a reciclaxe e o coidado do noso planeta na nosa vida cotiá.
O Día da Terra é tódolos día!
Que ben medran os xacintos e os tulipáns no patio de Infantil !!
O alumnado de 1° de Primaria e de 6° de Infantil compartiron unha sesión no horto escolar. Observaron o que medraran as sementes que plantaran hai unhas semanas, regaron as leitugas e sementaron tomates e margaridas.
As nenas e os nenos de 2° de Primaria transformaron botellas de plástico en petos ben xeitosos para gardar os aforros.
O alumnado de 4° de Educación Infantil aproveitou o bo tempo para sementar plantas aromáticas coa súa mestra.
O alumnado de 4° de Primaria escoitou con atención a Manolo e a Johanna, da Asociación “Sachos á Rúa”, sobre a importancia do coidado axeitado da terra para cultivala. Despois puxeron en práctica algúns dos seus consellos.
As nenas e os nenos de 1° P depositan cada día nunha caixa de cartón os restos orgánicos das merendas para facer “compost” caseiro.