O mes da Natureza

O 3 de marzo foi o Día da Natureza e hoxe é o Dia da Árbore. Os nenos e nenas de Infantil celebran cada día a importancia do estudo, observación e coidado do entorno natural coa súa mestra. Este mes seguen co seu proxecto de investigación OS INSECTOS, observan como agroman con forza os tulipáns e xacintos, que plantaron hai unhas semanas, e coidan as árbores do seu patio escolar.

O ALUMNADO DE 3º EP PONSE MANS Á OBRA

Despois de traballar o tema das plantas na aula, chegou a hora de poñerse mans á obra. O alumnado de 3º de EP saíu ao horto para experimentar, en primeira persoa, como se prepara un bancal para sementar.
Manolo e Johanna, da Asociación Sachos á Rúa, explicáronlle a importancia de cada un dos compoñentes que se engade á terra, e fixéronos participar activamente en todo o proceso. Ao final, sementamos patacas!!

Bo traballo rapazada!!