Horto escolar

Os nenos e nenas de 6º de Primaria escoitaron con moita atención a Manolo da Asociación “Sachos á rúa” o venres pasado. Explicoulles o importante que era coidar a nosa natureza e como preparar un horto escolar para plantar hortalizas. Faloulles tamén da importancia destes alimentos na nosa vida diaria.

Flores no inverno

Os pensamentos son plantas, da familia das violáceas, propias no outono e no inverno. Nelas agroman flores moi vistosas con cinco pétalos de tres cores. Os nenos e as nenas de 2º de Primaria plantáronas coa súa mestra o pasado mes de decembro.

Para o seu crecemento necesitan moita luz natural e ser regadas cada tres ou catro días.

Descubrindo o insecto pau

Grazas á colaboración dunha familia os nenos e nenas de 1º de Primaria observaron estes días insectos pau de diferentes tamaños.

Viron a súa escasa mobilidade e como se mestura co medio para pasar desapercibido.

Coa súa mestra aprenderon moitas cousas deste animal invertebrado, de aparencia a unha rama, que se alimenta de follas de silvas ou roseiras.