BO VERÁN

Chegou o momento de descansar e gozar das vacacións de verán. Fixestes un traballo incrible coidando da nosa terra, do noso horto e cultivando cada vez máis plantiñas.

Agardámosvos con moitas ganas en setembro para seguir aprendendo e plantando sementes xuntos.

Desfrutade moito!

Investigando no patio

No patio do noso cole hai varios tipos de árbores. Entre elas piñeiros, unha cerdeira, un loureiro, unha figueira, unha oliveira, un castiñeiro, unha nogueira, varias maceiras e unha laranxeira. De todo iso falaron, en inglés, os nenos e nenas de 3º de Primaria con Shareen, a nosa auxiliar de conversa. Tamén observaron e procuraron información sobre as características de cada árbore.