Amorodos brancos

Os nenos e nenas de 3° de Primaria limparon a terra e as herbas das plantas de amorodo que plantaran o curso anterior coa súa mestra.  Amais escolleron os fillos nas mesmas plantas e aprenderon a trasplantalos.

Despois plantaron unha clase diferente de amorodos que recibiran como agasallo da nai dunha alumna: os amorodos brancos. 

Bo Nadal

O alumnado de 3° de Primaria, e a súa mestra, agasallan a Manolo da Asociación “Sachos á Rua”, cuns bombóns por todo o que aprenderon neste trimestre no horto escolar. E os nenos e nenas de EI 4° falan con Shareen, a nosa auxiliar de conversa , das cores e dos adornos da nosa árbore de Nadal en inglés.

Boas Festas e Feliz 2025!!