O alumnado de 1ºEP comezaron o seu traballo no horto plantando repolos e cebolas. Tamén coñeceron de primeira man o “pulgón” que estaba a atacar aos fabóns, e puxéronlle freo.
Bo traballo, rapazada!!






O alumnado de 1ºEP comezaron o seu traballo no horto plantando repolos e cebolas. Tamén coñeceron de primeira man o “pulgón” que estaba a atacar aos fabóns, e puxéronlle freo.
Bo traballo, rapazada!!






As caléndulas son plantas herbáceas que poden acadar uns sesenta centímetros de altura. As súas follas son lanceoladas e as flores teñen cor amarela ou laranxa.
Son plantas que favorecen a polinización e o equilibrio nos hortos, repelendo insectos perxudiciais para as hortalizas como a mosca branca.
O alumnado de 4° de Primaria plantou unhas pouquiñas a semana pasada.

Os nenos e nenas de 4° de Primaria plantaron un abeto para decoralo, entre todos, con adornos de Nadal.
Esta árbore é da familia das pináceas, propia de lugares frescos, coa casca e a madeira de cor abrancazada, follas en forma de agulla e copa cónica.
Despois das vacacións transplantarase no patio do cole.

Os nenos e nenas de EI 5° e de 2° de Primaria plantaron fabóns e cebolas no horto escolar. Tamén limparon herbas para plantar mais hortalizas.

Preparar ben a terra é algo moi importante para a plantación e o crecemento das sementes. Iso foi o que fixeron os nenos e nenas de 5° de Primaria hai uns días.

O alumnado de 4° e 5° de Primaria participou nunha charla o venres pasado, organizada polo Concello de Ribeira, sobre a prevención de residuos. Escoitaron de primeira man información experta sobre como reducir e tratar o lixo.

Os nenos e nenas de 4° de Primaria tiveron unha clase práctica na aula sobre a composición do solo e a importancia dos microorganismos na plantación.

Sementes de cebola vermella, repolo e chícharos. Isto foi o que sementaron os nenos e nenas de 6° de Infantil, prestando moita atención ás explicacións de Manolo, da “Asociación Sachos á Rúa”.

As hortalizas son plantas cultivadas, xeralmente, nos hortos. Así o puideron ver de primeira man os nenos e nenas de 2° de Primaria. E tamén a importancia do seu coidado xa que acabarán sendo alimentos moi beneficiosos para a nosa saúde.

O alumnado de 3° de Primaria estreouse no horto escolar preparando a terra para plantar repolos e coliflor.
