Grazas á colaboración das familias o alumnado do cole observa e estuda o espectacular proceso da crisálida; ovo, eiruga, crisálida e bolboreta.
As fotografías foron feitas pola nai dunha alumna de 5° de Infantil.

Grazas á colaboración das familias o alumnado do cole observa e estuda o espectacular proceso da crisálida; ovo, eiruga, crisálida e bolboreta.
As fotografías foron feitas pola nai dunha alumna de 5° de Infantil.

As nenas e os nenos de 5º de Infantil observan, coidan e regan as plantas de amorodos que plantaron coa súa mestra. Axiña agromarán moitos amorodos.

Canto medran os faballóns que plantaron os nenos e as nenas de 6º de Infantil!!
Estas plantas grandes e alongadas son da familia das leguminosas e producen fabóns.

Pandeiretas, tambores, maracas, xilófonos e castañolas foron feitos con diferentes materiais de refugallo polos nenos e nenas de 5º e 6° de Primaria.

As cenorias son moi ricas en vitaminas e minerais. Poden comerse crúas ou cociñadas de moitas maneiras.
Os nenos e nenas de 1° de Primaria recolleron e saborearon as cenorias que plantaron observaron e coidaron no horto escolar.

O alumnado de 5° de Primaria rega as árbores froiteiras que plantamos no patio do noso cole.
Nestes días de calor é necesario facelo con frecuencia.
As nenas e os nenos de diferentes cursos participan nesta actividade regando por quendas.

Estamos no tempo de plantar pementos.
Os nenos e nenas de 1º de Primaria plantaron pementos nunha maceta do horto escolar.
Os pementos son hortalizas ricas en vitamina C, fibra, hidratos de carbono e minerais. Poden ser de cores moi diversas: verde, amarelo ou vermello. E ou seu sabor é diferente dependendo da cor e da forma.

As árbores dannos froitos saborosos para alimentarnos. Os nenos e nenas de 5º de Infantil regaron e coidaron a maceira que plantaron. Observaron o seu crecemento e evolución.
As mazás agroman na maceira.


Os nenos e nenas de 1º de Primaria tomaron amorodos ecolóxicos na merenda.
Deste xeito observaron e completaron todo o proceso dende o inicio. Plantación das sementes, coidado das mesmas e o seu froito.

As nenas e os nenos de 6º de Infantil sementaron fabas, cabazas e cabaciños no horto escolar. Agora toca regar e coidar as sementes para que medren.
