No patio do noso cole coidamos as árbores que plantamos os cursos anteriores: piñeiros autóctonos e froiteiras, como a figueira e a cerdeira. Axiña plantaremos maceiras, pereiras e olivos.





No patio do noso cole coidamos as árbores que plantamos os cursos anteriores: piñeiros autóctonos e froiteiras, como a figueira e a cerdeira. Axiña plantaremos maceiras, pereiras e olivos.





Os nenos e nenas de 2° de Primaria observan, estudan e falan coa súa mestra das plantas e das diferentes tipos de árbores. Velaquí os seus traballos que amosan todo o que aprenderon. E nos lembran a importancia do coidado e da protección dos nosos bosques neste 21 de marzo, Día da Árbore.





As plantas das fresas necesitan estar nunha zona soleada. Teñen raíces pouco fondas e necesitan auga con frecuencia. É recomendábel regalas case todos os días. Por suposto debemos ter en conta a auga da choiva.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil plantan e coidan as plantas das fresas no patio do cole.


Xa chega a primavera. Os narcisos, que plantaron os nenos nenas do cole de Olveira o curso anterior, reviven cheos de forza e de cor.

Os nenos e nenas de 1° de Primaria están emocionados coa plantación de amorodos. Coa súa mestra realizaron diferentes actividades na área de Ciencias Naturais. Prepararon a terra , plantaron e regaron. Agora toca coidalas.



Pouco a pouco os grelos do horto escolar van medrando.

O Kalanchoe é unha planta para interior fácil de coidar. Amosa flores durante todo o ano.
Os nenos e nenas de 5° de Infantil observan as diferentes partes da planta e falan dos coidados que necesita coa súa mestra. Estes días transplantaron Kalanchoes en macetas máis grandes.





Na aula de 3° de Primaria xa hai gromos nas plantas dos amorodos. As nenas e os nenos deste curso observan a súa evolución e o seu crecemento regándoas e limpando as follas secas.




Para plantar no horto escolar é necesario limpar as herbas e preparar a terra. Iso é o que fixeron estes días os nenos e nenas de 5° de Infantil coa súa mestra.

Os alumnos e alumnas de 6° de Primaria elaboraron carteis para fomentar o coidado da natureza e das nosas fragas.



