
Xa temos unha nogueira na aula de 1° de Primaria!! Parabéns!!
As nogueiras son árbores de folla caduca que poden chegar ata 40 metros de altura. Para medrar ben necesitan moita luz solar e estar protexidas do vento.

Xa temos unha nogueira na aula de 1° de Primaria!! Parabéns!!
As nogueiras son árbores de folla caduca que poden chegar ata 40 metros de altura. Para medrar ben necesitan moita luz solar e estar protexidas do vento.
Os nenos e nenas de 1º de Primaria limparon as herbas do horto escolar e prepararon a terra para plantar. Despois sementaron repolos, cenorias, brócoli e grelos.




Os nenos e nenas de 4° de Primaria observan e falan en inglés sobre diferentes plantas, propias deste tempada, na clase de Arts and Crafts. Pensamentos, violas e ciclamens.
Cando o tempo meteorolóxico o permita serán plantadas no patio do cole.




As noces son froitos que nacen das flores da nogueira no outono. Os nenos e nenas de 1° de Primaria saben que agora é o tempo de sementalas.







Os nenos e nenas de 1º de Primaria preparan a terra coa súa profe para sementar.



O curso acaba de comezar e os nenos e nenas do cole de Olveira preparan novas sementes para plantar. Pero antes recollerán tomates e pementos a fartar!!



Durante este curso os alumnos e alumnas do cole de Olveira realizaron actividades diversas, na escola e no entorno natural, relacionadas co respecto e o coidado do medio ambiente. E, por suposto, dun xeito dinámico e transversal buscando a implicación de toda a comunidade educativa. E levando á práctica, na vida cotiá, a necesidade do aforro de enerxía e o consumo sostíbel. E tamén a redución do lixo e a grande importancia da súa reciclaxe, como vimos facendo en cursos anteriores.
Vémonos en setembro con novos proxectos e ilusións!! Feliz verán a tod@s!!
O verme de seda é a larva ou a eiruga da avelaíña, ou bolboreta de seda doméstica. É o que produce os casulos de seda. O seu nome científico é “Bombyx mori”. É un insecto moi importante porque considérase o principal produtor de seda natural.O verme de seda aliméntase de follas de moreira branca. Tamén doutras especies de moreira e doutras plantas da mesma familia.
O vídeo e as fotografías foron feitas pola titora de 2ºP cos seus alumnos e alumnas.




Grazas á colaboración dunha familia todo o alumnado do cole de Olveira leva días observando o espectacular proceso de A CRISÁLIDA.`

Algúns dos alumnos de 6º estiveron a traballar a reo para montar unha nova xardineira no cole. Parabéns polo traballo!!
