“Hyacintus orientalis” é o nome científico do xacinto. É unha planta perenne e bulbosa orixinaria da rexión Mediterránea e de África meridional. Os nenos e nenas de 4° de Primaria observan o crecemento das raíces dos bulbos que plantaron en auga na súa aula.
Arquivo da categoría: CURSO 19/20
Plantación 5° Primaria
Freesias, xacintos e iris plantados en macetas. Esperando a ser transplantados no patio do cole.
Os xacintos de 3ºEP
Os nenos e nenas de 3° de Primaria cultivan e observan os xacintos na súa aula colocando os bulbos en auga. Usan botellas de plástico recicladas. O xacinto pertence á familia das Liliáceas. É unha planta bulbosa de trinta centímetros de altura aproximadamente. Enfeitiza o seu aroma e a beleza das súas flores.
Xacintos en auga 6ºEI
Os nenos e nenas de EI 6º plantaron bulbos de xacinto en auga. Observación do crecemento das flores e das raíces.
A plantación do alumnado de 2ºEP
Plantando xacintos. fresias. aguacates. e nogais …Alumnos e alumnas de 2º de Primaria
O cultivo do alumnado de 5ºEI
Raíces e flores de bulbos de xacinto empezando a agromar. Nenos e nenas de EI 5º.
A plantación de 6º sae ao patio
Fresas e Iris toman o sol no patio do cole. Foron plantados polos nenos e nenas de 6° de Primaria.
Plantación de 1º EP
Durante os meses de novembro e decembro os nenos e nenas de Primeiro de Primaria plantaron limoeiros, piñeiros, castiñeiros, landras de carballo … Agora esperando a ser transplantados Tamén xacintos, iris e aguacates !!!
Xacintos en 4º EI
Estes fermosos bulbos de xacintos en auga con flores e raíces. Foron plantados no mes de decembro polos nenos e nenas de EI 4° de Infantil.