Os nenos e nenas de 4° de Primaria sementan bulbos de tulipán para transplantar máis adiante no patio da escola.


Os nenos e nenas de 4° de Primaria sementan bulbos de tulipán para transplantar máis adiante no patio da escola.
Os alumnos e alumnas de 1°, 2° e 3° de Primaria sementarán nos vindeiros días diferentes plantas aromáticas.
Os nenos e nenas de 2º P plantaron e observaron, na súa aula, a xerminación de lentellas, garbanzos e fabas en algodón e auga. Posteriormente transplantaron as sementes nas súas casas para observar o proceso completo, atendendo aos contidos traballados na área de Ciencias da Natureza. Tamén sementaron bulbos de xacinto, en auga e en terra, observando todo o proceso ata a floración.
Narcisos agromando no patio da escola.
Os nenos e nenas de EI 6° coidamos moi ben os bulbos de xacinto. Están medrando moito. Pronto transplantaremos algúns.
O titor de 5° de Primaria prepara o terreo no patio da escola para a plantación de bulbos de narciso e outras plantas cos seus alumnos e alumnas.
Bulbos de xacinto na aula de EI 6º. Os nenos e nenas de Infantil sementaron bulbos en auga e en terra no mes de decembro.
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria dan os primeiros pasos na semente de bulbos de xacinto.
Bo día a tod@s! Xa estamos aquí outra vez con novos proxectos e actividades relacionadas co medio ambiente. Plantas aromáticas e bulbos esperando ser plantados.