Os nenos e nenas de 4º de Infantil plantaron bulbos de xacinto en terra e en auga. Agora xa coidando deles e observando como medran!!
Arquivo da categoría: CURSO 21/22
Menta de gato, lavanda, tomiño e ourego
Os nenos e nenas de 2º de Primaria sementaron en terra plantas olorosas, algunhas delas moi usadas como condimento. Entre elas lavanda, tomiño,
ourego e menta de gato.
Sementeira, plantación e observación
Despois de plantar diferentes tipos de sementes os alumnos e alumnas de 4º de Primaria coidarán e observarán o nacemento e crecemento das mesmas.
Xudias, pementos de Padrón, pementos morróns, leitugas, pipas de cabaza e de xirasol
Os nenos e nenas de 4º de Primaria plantaron sementes de xudías, pementos de Padrón, pementos morróns, leitugas e pipas de cabaza na clase de Ciencias Naturais. En primeiro lugar observaron os diferentes tipos de sementes e falaron de todo o necesario para a plantación.Despois fixeron a sementación en vasos individuais.
NOVOS PROXECTOS E ACTIVIDADES

Bulbos e sementes de outono preparadas para plantar no patio da nosa escola neste novo curso que acaba de comezar!!!

















