Saltar ao contido principal
Saltar ao contido secundario

Voz Natura no CEIP de Olveira

Voz Natura no CEIP de Olveira

Menú principal

  • INICIO
  • CURSO 19/20
  • 20/21
  • 21/22
  • 22/23
  • 23/24
  • 24/25
  • 25/26

Arquivo da categoría: CURSO 25/26

Recollendo cenorias e prantanto allos

Publicado o 19 Decembro, 2025 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 3º baixou ao horto para recoller as cenorias. Ademais aproveitaron para preparar a terra e plantar uns alliños!

E ata aquí o traballo no horto de este ano, despois das vacacións volveremos a a botarlle mans á terra.

Que pasedes un bo Nadal!!!

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Sementar sementarei!

Publicado o 16 Decembro, 2025 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 5º achegouse ao horto da escola para sementar chícharos coa axuda de Manolo. Bo traballo, rapazada!

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Máis variedades de col

Publicado o 12 Decembro, 2025 por educacionfisica
Responder

Brócoli, repolo, nabizas, cebolo e cenorias. Cantas variedades de col e hortalizas temos no horto escolar do cole!! 

Hoxe compartimos imaxes do día no que plantaron os nenos e nenas de 6° de Primaria.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Unha barbantesa moi cuquiña!

Publicado o 24 Novembro, 2025 por educacionfisica
Responder

A pasada semana tivemos a visita de María Luísa, unha barbantesa (mantis relixiosa) moi cuquiña. O alumnado aproveitou a súa visita para investigar cousas sobre os invertebrados e, como non podía ser doutro xeito, facerlle algún que outro bonito retrato.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Reciclaxe e Samaín

Publicado o 14 Novembro, 2025 por educacionfisica
Responder

Os nenos e nenas de 4 ° de Primaria usaron botes de vidro reciclados para facer manualidades de Halloween e Samaín.


Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Brócoli

Publicado o 4 Novembro, 2025 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 1° de Primaria escoita, con atención, as explicacións de Manolo e Johanna sobre a preparación da terra para sementar brócoli. Tamén toman nota do valor nutritivo desta hortaliza formada por poliñas carnosas con forma de árbore.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Plantando repolos

Publicado o 27 Outubro, 2025 por educacionfisica
Responder

As nenas e nenos de 3º de Primaria prepararon a terra e plantaron repolos no horto do cole.

O repolo é unha variedade de col que se emprega moito na gastronomía galega, especialmente no outono e no inverno, en caldos e cocidos.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Variedades de col

Publicado o 22 Outubro, 2025 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 2° de Primaria preparou a terra e plantou diferentes variedades de col, como a coliflor e o brócoli.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Regando as hortalizas

Publicado o 17 Outubro, 2025 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 4º de Primaria rega o horto escolar no recreo.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Volta ao cole

Publicado o 8 Outubro, 2025 por educacionfisica
Responder

Volvemos ao cole e retomamos o coidado e a plantación no horto escolar. O alumnado de 5º de Primaria e a súa mestra escoitan con atención as explicacións de Manolo, da Asociación “Sachos á rúa”, para a limpeza e preparación dun bancal.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Artigos recentes

  • Recollendo cenorias e prantanto allos
  • Sementar sementarei!
  • Máis variedades de col
  • Unha barbantesa moi cuquiña!
  • Reciclaxe e Samaín

QUE PLANTAMOS?

  • CARBALLO
  • CASTIÑEIRO
  • PIÑEIROS
  • LIMOEIRO
  • IRIS (LIRIO)
  • NOGUEIRA
  • AGUACATE
  • FRESIA
  • XACINTOS

Comentarios recentes

    Meta

    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org
    Fornecido con orgullo por WordPress