As nenas e os nenos de 2° de Primaria transformaron botellas de plástico en petos ben xeitosos para gardar os aforros.

As nenas e os nenos de 2° de Primaria transformaron botellas de plástico en petos ben xeitosos para gardar os aforros.

O alumnado de 4° de Educación Infantil aproveitou o bo tempo para sementar plantas aromáticas coa súa mestra.

O alumnado de 4° de Primaria escoitou con atención a Manolo e a Johanna, da Asociación “Sachos á Rúa”, sobre a importancia do coidado axeitado da terra para cultivala. Despois puxeron en práctica algúns dos seus consellos.

As nenas e os nenos de 1° P depositan cada día nunha caixa de cartón os restos orgánicos das merendas para facer “compost” caseiro.

O 3 de marzo foi o Día da Natureza e hoxe é o Dia da Árbore. Os nenos e nenas de Infantil celebran cada día a importancia do estudo, observación e coidado do entorno natural coa súa mestra. Este mes seguen co seu proxecto de investigación OS INSECTOS, observan como agroman con forza os tulipáns e xacintos, que plantaron hai unhas semanas, e coidan as árbores do seu patio escolar.

O alumnado de 5° de Primaria elaborou coa sua mestra un mural moi ilustrativo sobre a observación e o estudo das plantas da contorna.

O alumnado de 6° de Primaria aproveitou a clase de Ciencias da Natureza para transplantar unha nogueira no horto escolar. Tamén falaron das súas características e da importancia desta árbore.
Ao mesmo tempo sementaron leitugas e cenorias valorando a importancia das hortalizas e das verduras para unha alimentación saudábel.

Aproveitando os gromos das plantas do curso anterior, o alumnado de 2° de Primaria sementou amorodos coa súa mestra.
Nas vindeiras semanas observarán como abrollan estes froitos deliciosos.

As nenas e os nenos de 4° de Primaria souberon de primeira man que as acelgas non nacen no supermercado.
Na área de Ciencias da Natureza tiveron unha clase práctica no horto escolar sobre todo o proceso de plantación e do beneficiosas que eran as verduras para medrar moito.

Oliveiras, maceiras, pereiras, cerdeiras, moreiras, nogueiras e acivros medran no patio do noso cole.
Todas elas foron plantadas o curso anterior polo alumnado de diferentes cursos cos seus mestres e mestras.
Nesta estación do ano podemos observar con claridade cales son de folla caduca e perenne.
