Aproveitando o sol de febreiro, as nenas e os nenos de 6° de Infantil plantaron bulbos de xacinto coa súa mestra no patio do cole.

Aproveitando o sol de febreiro, as nenas e os nenos de 6° de Infantil plantaron bulbos de xacinto coa súa mestra no patio do cole.

Hai uns días os nenos e nenas de 2° de Primaria plantaron patacas e sementaron leituga no horto escolar.
Tamén conversaron en inglés coa auxiliar de conversa sobre todo o proceso relacionándoo cun conto titulado “Poppy’s pot”, traballado previamente na Área de Inglés.


Na biblioteca do noso cole hai varios libros sobre as fragas, as plantas e as árbores da nosa terra.
Achégate!!
Despois de traballar o tema das plantas na aula, chegou a hora de poñerse mans á obra. O alumnado de 3º de EP saíu ao horto para experimentar, en primeira persoa, como se prepara un bancal para sementar.
Manolo e Johanna, da Asociación Sachos á Rúa, explicáronlle a importancia de cada un dos compoñentes que se engade á terra, e fixéronos participar activamente en todo o proceso. Ao final, sementamos patacas!!
Bo traballo rapazada!!

O pasado venres o alumnado de 6º de Infantil e de 1º de Primaria sementou ravos (rábanos) e porros (puerros) no horto escolar, despois de escoitar con moito interese as explicacións de Manolo, da Asociación “Sachos á rúa”. Faloulles da plantación de hortalizas e da súa importancia na nosa alimentación diaria.

Unha actividade de plástica e reciclaxe, con botellas de plástico, feita polo alumnado de 1º de Primaria coa súa mestra. Despois de descoralas sementaron bulbos de xacintos en auga. E non se esqueceron de regar o ciclamino que coidan todos os días.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria escoitaron con moita atención a Manolo da Asociación “Sachos á rúa” o venres pasado. Explicoulles o importante que era coidar a nosa natureza e como preparar un horto escolar para plantar hortalizas. Faloulles tamén da importancia destes alimentos na nosa vida diaria.

Os pensamentos son plantas, da familia das violáceas, propias no outono e no inverno. Nelas agroman flores moi vistosas con cinco pétalos de tres cores. Os nenos e as nenas de 2º de Primaria plantáronas coa súa mestra o pasado mes de decembro.
Para o seu crecemento necesitan moita luz natural e ser regadas cada tres ou catro días.

Xornada de Limpeza de praias “Por un Nadal sen Plásticos” do alumnado de Olveira, logo fixeron un Obradoiro para reutilizar e transformar o lixo encontrado…
Gracias á ANPA de Olveira por organizar estás xornadas!!

Os nenos e nenas de 1° curso de Primaria coidan e observan coa súa mestra ao insecto pau e ás súas crías.
