O alumnado de 6º de EP plantou esta mañá un metrosidero no patio do colexio. Esperamos que medre tanto coma eles.



O alumnado de 6º de EP plantou esta mañá un metrosidero no patio do colexio. Esperamos que medre tanto coma eles.



Os nenos e nenas de 5° de Educación Infantil elaboran maracas coa profe de Música usando material de refugallo.





A tomateira é orixinaria de América Central e do Sur. Chegou a Europa hai máis de catrocentos anos. Esta planta herbácea e perenne cultívase para o consumo alimentario do seu froito: o tomate. Non é moi esixente no seu cultivo aínda que a luz solar é moi importante para o seu crecemento.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria plantan, coidan e observan o crecemento das tomateiras.




“Bellis perennis” é o nome científico da margarida común ou europea. É unha planta herbácea orixinaria do Norte de África e de Asia Central que na actualidade está estendida por todo o mundo.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria observan, estudan e coidan as margaridas plantadas no patio do cole. Tamén están preparando o terreo para plantar máis margaridas e outras plantas nos vindeiros días.

O perexil é unha planta herbácea, coas follas moi divididas, de cor verde escura e flores amareladas en umbela. Distribúese por todo o mundo e emprégase como condimento en moitas comidas.
O seu nome científico é “petroselinum crispum”.Nesta imaxe algunhas nenas de 1º de Primaria amosan como medra o perexil que sementaron coa súa titora na aula.
Alumnas e alumnos de 2º de Primaria plantan tomateiras na súa aula coa súa titora.



Os bulbos de xacinto plantados en auga, antes de Nadal, polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria medraron moito. Pronto serán transplantados en terra.
Coidado e observación do crecemento de diferentes tipos de sementes (pipas de cabaza e xirasol, pementos morróns, xudías) polos alumnos e alumnas de 4° de Primaria.




Nenos e nenas de EI 4° amosan á súa titora canto creceron os bulbos de xacinto plantados, en auga e en terra, no mes de decembro.

