Narcisos agromando no patio da escola.

Narcisos agromando no patio da escola.

Os nenos e nenas de EI 6° coidamos moi ben os bulbos de xacinto. Están medrando moito. Pronto transplantaremos algúns.



O titor de 5° de Primaria prepara o terreo no patio da escola para a plantación de bulbos de narciso e outras plantas cos seus alumnos e alumnas.


Bulbos de xacinto na aula de EI 6º. Os nenos e nenas de Infantil sementaron bulbos en auga e en terra no mes de decembro.




Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria dan os primeiros pasos na semente de bulbos de xacinto.

Bo día a tod@s! Xa estamos aquí outra vez con novos proxectos e actividades relacionadas co medio ambiente. Plantas aromáticas e bulbos esperando ser plantados.

Este curso fixemos moitas cousas para coidar o noso entorno. E para o vindeiro aínda faremos máis. Lembrade o mural xigante do cole onde vemos o importante que é reducir, reutilizar e reciclar o lixo para coidar e respectar a natureza !Bo verán a tod@s!!

Aguacate na aula de 2º de Primaria. Árbore da familia das lauráceas orixinaria de América Central que da uns froitos con casca verde e polpa moi aceitosa.
Primavera no sementeiro dos nenos e nenas de Infantil. Flores e plantas agromando.

Freesías e xacintos amarelos medrando. Foron plantados polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
