
Bulbos e sementes de outono preparadas para plantar no patio da nosa escola neste novo curso que acaba de comezar!!!

Bulbos e sementes de outono preparadas para plantar no patio da nosa escola neste novo curso que acaba de comezar!!!
Neste curso tan peculiar fixemos un montón de actividades para fomentar o coidado do entorno natural dun xeito transversal e dinámico. Nas fotografías os alumnos e alumnas de 3º e 6º de Primaria levan carteis nas mans, elaborados na clase de Inglés, para fomentar o coidado do medio ambiente. Vémonos en setembro. Bo verán a tod@s!!


Os nenos e nenas de 4° de Primaria fixeron unha saída ao Parque Natural cos seus profes. Observaron moi de cerca a píllara das dunas e visualizaron o impacto do lixo no ecosistema do parque.



Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria fixeron o pasado venres unha visita co seu titor ao Parque Natural. Observaron a flora e o deterioro das dunas. E tamén o lixo na entrada da praia da Ladeira.



Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria falaron en inglés coa súa profe sobre as árbores e as flores que se plantaron no patio da escola e sobre como debemos coidalas cada día. Tamén regaron e plantaron sementes de margaridas.





Seguimos ampliando e preparando máis espazos no patio do cole para o horto escolar.

Os nenos e nenas de 2º de Primaria observan, coidan e regan os tulipáns plantados nas semanas anteriores.
Os tulipáns son plantas bulbosas e perennes orixinarias de Oriente Medio. Na actualidade hai centos de especies e plántanse en moitas partes do mundo.




Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria plantaron co seu titor maceiras e outras árbores froiteiras no patio da escola.




Na área de Inglés os nenos e nenas de 2° de Primaria sairon ao patio para observar e regar sementes de leituga e cebola. Falaron coa profe do importante que era coidar as plantas familiarizándose con vocabulario básico en inglés.


Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil fixeron coa súa profe o cultivo de plantas suculentas en auga.


